lunes, 2 de junio de 2014

III Quedada Regatos (Salvaterra de Miño)

Onte desplaceime a participar nesta quedada, xa que nunca estivera en niñunha marcha por esta zona.
A marcha era de carácter gratuita, e te daban unha mini volsa pa levar cartos ou algo asi.
Na marcha asistirian sobre unhas 150 persoas de todo tipo, sobre todo muita xente con pouca habilidade na bicicleta.
A ruta en si estivo ben, o malo foron os camiños (se se lle poden chamar camiños) onde solo cabían unha persoa, e con moita lama. Máis que ruta parecía un RAID tipo os que fan en Portugal. Tamén con moitas paradas para rexuntar a xente.
O chegar o avituallamento resulta que non había nada pa comer nin beber, non habia ninguén. O cabo de 15 minutos chegou a mercancia. A verdade foi todo un pouco caótica pero bueno...

Na saída, esperando a hora de arrancar, salindo sobre as 10:00




Unha das paradas de reagrupamento




No avituallamento



domingo, 23 de febrero de 2014

Saida Dominguera

Hoxe, despois dun dia duro coma o de onte, non quixemos darlle descanso as perniñas e nos metemos outra tundiña.
Fomos dirección Tui por carretera, pa quentar un pouco. Unha vez ali tiramos hacia arriba, ata chegar o Alto do Aloia; con subidas ben duras 19-20 % e algúnha equivocación de camiño (xa se faia o gps o Carlos), pero o final demos chagado ata ali. Despois de tomarnos o muesli, menuda a que nos esperaba, viñemos de volta polo monte, sentido alto de Tebra, Pinzas, Burgueira e Fornelos. E menudo vento en contra, hoxe soplaba en todos os sentidos, sempre en contra claro. O final demos chegado despois de moito sufrimento, facendo un último stop and go na Cueva, a tomarnos uns callos ben merecidos.


No alto do Aloia, agarrao ben que o leva o vento



Que felicidad despois de comer o platanito



Limpate porquiño


sábado, 22 de febrero de 2014

Os Touros facendo de Jesus Calleja

Despois de moito tempo, volvemos sair de ruta un Sábado, por fin o tempo nos vai respetando algo, a min xa me estaban nacendo branquias....
Saimos sen ruta fixa e fomos improvisando polo camiño. Comenzamos polo vial dirección Goian, e despois continuamos hacia Tui por carretera, pa ir quentando as perniñas. Unha vez en Amorin, comenzamos a nosa aventura, descubrindo novos e fermosos paraxes. Nos metemos hacia o rio e fomos subindo pegados a el hacia Tui, lugares inéditos para nos. Con algo de atrancos polo camiño, chegamos e Tui, e cruzamos hacia Portugal, por onde viñemos pegados o rio descubrindo novas pistas.
O final unha boa ruta de algo máis de 60 Km. Os deixo as fotos dos pequenos atrancos do camiño...


Isto si que é unha árbore no camiño, e o demáis son contos



Buscando unha saida do medio da selva




jueves, 30 de enero de 2014

Marcha das Rosquillas

Este Domingo 26 nos desplazamos a Ponteareas a participar na mítica marcha das rosquillas, xa que eu era a primeira vez que asistia a esta marcha.
A marcha estivo moi ben, con moi bos trazados e trialeras, o malo foi o tempo que fixo, que se chega a facer un bo día houbera sido unha marcha espectacular.


 Carlos na linea de saida 



Con Carlos e Montse na saida




Comenzando a marcha





Qué felicidade tu!!



Ei vilariño que te vas...



Polo sendeiro 



Pequena caida o emocionarme a vela fotógrafa...





Carlos roda a roda de Alvaro Pino, a ver se se lle pega algo...



Un baixando pola trialera, outro pola case-trialera, a ver se acertandes...




domingo, 15 de diciembre de 2013

Paseo-Ruta A Conquista da Srª do Minho (Vila Nova de Cerveira)

Onte sábado día 14 nos desprazamos o veciño Portugal para realizar un paseo hasta o alto da Serra da Arga, a conquista da Señora do Minho.
Despois de levantarnos e ver que o tempo era bo, no Rosal, o chegar alí facía 3º C, caraio, templaban as perniñas.
O chegar encontramonos con Abel e Tin de Goian, que tamén se apuntaron, e despois de estar un pouco ali; parecía que non había ninguén, apareceron os Portugueses.
A ruta non se fixo completa debido a moitas paradas que se fixeron debido a espera polo compañeiros que quedaban atrás. De todas formas, a ruta foi fermosa, coñecendo novas pistas para rodar.


O Carlos con Abel e Tin nunha presa en Covas



Portugueses e vistas no embalse en Covas







Cartel na Serra da Arga



Vistas dende a Arga



Nunha das paradiñas



Vistas dende as antenas da Arga, o fondo vese o Rosal - A Guarda



Portugueses no Alto



A sombra dun Touro



Carlos no BikePark, toma 1º (Serio)



Carlos no BikePark, toma 2º (Risa de falsete)


domingo, 24 de noviembre de 2013

I Passeio Solidario Valença (Portugal)

Hoxe os touros desplazámonos a veciña Portugal, a realizar esta marcha benéfica dunha asociación en Valença (Mimos e Ternuras).
A ruta foron 38 km, anque tiña pinta de non ser moi dura, o final foi bastante rompe-pernas, con constantes subidas duras e baixadas. As fotos...

Momento partida...



Paisajes durante a marcha




Señalización das trialeras... versión Portuguesa




O Carlos indicándonos como é a seguinte trialera



Descendendo unha trialera






Durante a marcha